Luns no Venres D_Letras de Ponteareas (2018-3-9)

Cando un Concello cede o seu Salón de Plenos un venres ás 20.30 h para un acto literario, que se realiza con certa periodicidade, xa hai moito a favor da literatura. Se, ademais, vai da man dun escritor como Manrique Fernández, que asegura o mimo á palabra escrita, e se nos xuntamos tres mulleres como Hortensia Bautista, concelleira de cultura, Isabel Blanco, escritora-activista-muller admirable, e máis eu… pois intuiredes que a romaría xa estaba montada! E así foi.

Tanto Hortensia Bautista como Manrique Fernández fixeron unhas lecturas agudas sobre a novela e foron creando o ambiente necesario para dar paso á forza ciclónica de Isabel Blanco. Proxectou un fermoso video que di máis do que as palabras contan. Non deixedes de velo!

 

Despois reflexionamos sobre os diferentes temas que se presentan na novela Luns e estableceuse un debate coas persoas do público moi enriquecedor. Tanto que, incluso, o continuamos ao redor dunha boa tortilla e diversos friames.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas inmensas por esta tarde-noite na que o cariño e a sororidade encheron o Salón de Plenos do Concello de Ponteareas!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar un comentario