O ceo das reixas no CPI A Xunqueira de Fene

Nestes días de visitas aos centros co Ceo das reixas, onte, levei unha grata sorpresa no  CPI A Xunqueira de Fene.     A nai dunha persoa estudiante do centro achegouse para participar na actividade e non podedes imaxinar a ilusión que me fixo que nos acompañase. Sempre contamos que se queremos que unha crianza…

O ceo das reixas nos IES David Buján e Afonso X de Cambre

Mañá intensa e divertidísima nos IES David Buján e Afonso X de Cambre. A rapazada, hoxe, fíxome suar a camisola coas súas preguntas aghudas, aghudas 😜 Foi, tamén, emocionante re-encontrarme con amizades das épocas en que eramos nós quen atendiamos desde as cadeiras de estudantes! E coas que imos facendo polo camiño!

Marta e a píntega Oli no CEIP Wenceslao Fdez. Florez de Cambre

A píntega Oli volve hoxe ao CEIP Wenceslao Fernández Florez de Cambre para contarnos unha morea de cousas sobre a igualdade, as personaxes femininas nos contos e, sobre todo, para xogar e fedellar nos lugares en que é máis feliz: no medio e medio da rapazada! E, nese minuto anterior a que as cadeiras se…

Obradoiro de escrita narrativa en ACAB

Todos os venres, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, remexeremos nas estadas da narrativa para construír o noso propio texto. Acompáñasnos?

Clube de Lectura O cuarto propio das Bibliotecas Municipais da Coruña

Facía xa algún tempo que non ía a un Clube de Lectura con Luns e, hoxe, ao achegarme a O cuarto propio sentín aquel ruxe-ruxe dos primeiros momentos.Nas olladas cómplices fomos atravesando os espazos de Nere, de Rosiña, de Manuel, de todas aquelas personaxes que aniñan ao noso redor. E anoxámonos con rabia e rimos…

Clube de Lectura Casino de Carballo

Marabilloso Clube de Lectura no Casino de Carballo cheo de afectos e emoción.Entrar na biblioteca Paco Souto trouxo consigo o recendo do mar e da lingua a un lugar máxico, detido no tempo. E as mulleres de Carballo acompañaron a lectura con sabores salgados do océano, doces das améndoas,…, nunha conversa que se prolongou até…

Clube de Lectura Feminista das Mariñas

Cando me convidou o Colectivo Feminista das Mariñas ao seu #ClubeDeLecturaFeminista, en Biblos Clube de Lectores, #Betanzos dixen que si, sen pensalo dúas veces, porque xa intuía que ía ser mesmo moi interesante. Aínda así, non estaba preparada para a tremenda mostra de cariño que me esperaba! Ese marcapáxinas, coa miña inicial bordada, emocionoume sen…

Obradoiro de igualdade no IES Poeta Añón de Outes

Cando regresas por segunda vez a un centro resultan emocionantes os sorrisos, os saúdos,…, da rapazada que se achega cunha ledicia compartida.Se, no IES Poeta Añón de Outes, a primeira vez falamos de realidades diversas, desta volta, repensamos como, onde e de que maneira se instalan os nosos corpos nesas realidades. Rimos e xogamos coa…

Dende a diversidade cara a igualdade en Corcubión

Esta tarde, as mulleres de Corcubión organizaron unha xornada Dende a Diversidade cara a Igualdade na Capela do Pilar e, cando se xuntan as Buseranas, as ANPAS e o Centro de Formación e Recursos para falar do que se fai en realidade nos centros e de como a formación é integral e diversa, o resultado…