Remexido de patacas no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo

Impresionante o traballazo que realiza o Comite Lila do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo! A rapazada, aguda coma allos, desmiuzou o Remexido de patacas e deu lugar a un profundo debate no que tod@s nos aprendemos. Sororidade, violencias, invisibilidade, literatura, música,…, palabras necesarias para construír un mundo diverso. Todas elas abrollaron neste salón de actos…

9º mellor libro de narrativa do 2019

Mil grazas a todas as persoas que confiastes no Ceo da reixas!Ver esta novela entre os vosos afectos préstame moito e ben! E vela entre tantas obras escritas por mulleres aínda máis!

Remexido de patacas no IES Agra do Orzán

Ese momento en que o libro está vivo, en que a rapazada fala de Ana ou de Azrael coma se fosen parte da vida, é máxico.Tamén falamos de Laia Sanz, Sara García, Ada Hegerberg, María Victoria Moreno,…, e as dúas horas de Clube de Lectura pasaron nun suspiro.Grazas Biblio Agra por esta tarde de debates…

O ceo das reixas por Ramón Nicolás

Alí onde están as tripas da novela, onde se fían e anoan as palabras coas ideas, nas voltas e reviravoltas da trama,…, alí onde se constrúe a novela é onde foi fedellar esta recensión. Grazas de corazón, Ramón Nicolás, por entrarlle ao celme e esencia desta novela!

Ana Pais recomenda Luns

  Ana Pais, bibliotecaria do Centro de documentación da muller Rosalía de Castro da Biblioteca de  de Santa Cruz, recomenda Luns con tanta paixón que non podo evitar recoller algunhas das súas frases porque resumen non só o libro se non tamén o proceso de escrita. Desde o minuto 6.30 podedes escoitar esta xenial intervención,…

Es ben gorrobella, Oli!

Nunca fun unha nena traste, inqueda nin hiperactiva. Cando facía algunha trasnada ( e fixen abondo) meu avó mirábame cun sorriso pillo e soltábame aquilo de: Es ben ghorrobella p’a unha ves, ho! Era (e son) ghorrobella! Onte, no C.P.I. de Xanceda contaba a historia desta palabra ( e que non en todos os sitios…