Sobre a autora

Nacín en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresei ás terras de Ordes onde me criei.

Despois de moitas voltas e reviravoltas decidín instalarme ao pé do castro de Elviña. Aquí agromaron os seguintes libros:

nós escoitando o badalo de marienplatz (XII Premio de poesía Concello de Carral, 2009), Culleredo, Espiral maior, 2010.
rúa da cancela (IV Premio de poesía erótica Illas Sisargas, 2009), Malpica. Caldeirón.
Maria (I Premio de Poesía Figurante), 2013, O Figurante.
Anamnese (II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey), 2014, Sotelo Blanco.
Diario de fotogramas (Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes), Concello de Ribeira, 2014.
Remexido de patacas (XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo), Catoira, 2014.
Doe tanto a túa ausencia (XVIII Certame Francisco Añón de Poesía), Concello de Outes, 2015.
Bicha (XII Premio Pura e Dora Vázquez de Narración), Deputación de Ourense, Ourense, 2015.
Marta e a píntega, Galaxia, 2016.
Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno, Urco Editora, 2016.
​- Luns (I Premio Torrente Ballester para obras en galego da Deputación da Coruña, 2016), Xerais, 2017
Café intenso (I Premio de Poesía Rosalía de Castro de Padrón, 2015) Concello de Padrón, 2017.
Culpable (IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente, 2017), Xerais, 2017.