Luns no Clube de Lectura Antón Fraguas de Compostela (2018-3-7)

 

 

Image result for luns, eli ríos

 

 

Aínda que Luns sexa unha novela que así, de entrada, pareza dunha temática bastante dura, hai lugares e conversas nas que a retranca nos axuda a extraer algo positivo. Construír unha nova realidade para soterrar aquela que nos fai mal.

 

O Clube de Lectura do Antón Fraguas de Compos foi un deses lugares nos que falamos, discutimos, emocionámonos, puxemos enriba da mesa as complicacións, as doenzas, os valores da sociedade (ou a ausencia deles), reflexionamos,… E todo desde o respecto polas opinións non coincidentes coa nosa. Neste sentido, foi realmente interesante debater as diferentes lecturas desta novela. Escoitamos as propostas de Rosiña, de Nere, da señora Lola, etc, nas voces das lectoras e camiñamos ao seu carón tentando descubrir que era aquilo que as motivaba ou non…

 

 

 

O ambiente neste Clube de Lectura é fascinante desde o primeiro momento. Mirade canta xente participa nel!

 

 

As horas quedáronsenos moi curtas e se tiveramos máis tempo aínda seguiriamos alí debullando as historias que agocha Luns no seu interior porque todas nos puxemos na pel de Nere tentando comprendela e, incluso, imaxinando que fariamos na súa situación.

 

 

E houbo momentos moi divertidos nos que rimos. Nos que curamos as feridas cos sorrisos. Nos que aprendemos a xestionar a sororidade na vida real. Nos que non quixemos pechar as páxinas e esquecer todas as nereas coas que convivimos.

 

Ao final, as persoas do Clube de Lectura do Antón Fraguas agasalláronme un grabado, feito por unha compañeira, e unhas flores que continúan na miña cociña achegando o seu recendo lilás. Moitas grazas por esta sesión tan fantástica e por este día tan agradable!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s