María Victoria Moreno no Espazo Lector de Gondomar

O día do aniversario de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, coñecín este incrible proxecto que é o Espazo Lectura. Se as persoas que levan a organización son fantásticas (grazas por todo!),non vos quero nin contar o xeniais que son as persoas que participan. Tiven a sorte de poder asistir, nesta escola, unitaria a un proxecto de lectura colectiva que encheu de envexa. Como me gustaría que se estendese! Esa lectura acompañada ademais foi superemotiva cando as nais representaron os papeis de mulleres invisibilizadas ao longo da historia. Despois, María Victoria Moreno entrou na sala para contarlles ás crianzas grandes aventuras das que preguntaron, quixeron saber máis e non querían que rematase o conto.
Todos os meus parabéns para o Espazo Lectura, para a xente que o fai posible e os desexos de lecturas moi divertidas para todas esas xeracións que participan das diferentes actividades!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar un comentario