Es ben gorrobella, Oli!

Nunca fun unha nena traste, inqueda nin hiperactiva. Cando facía algunha trasnada ( e fixen dabondo) meu avó mirábame cun sorriso pillo e soltábame aquilo de: Es ben ghorrobella p’a unha ves, ho!

Era (e son) ghorrobella!

Onte, no C.P.I. de Xanceda contaba a historia desta palabra ( e que non en todos os sitios se usa a mesma) e a un rapaz saiulle da alma: ” A min aínda mo din todos os días na casa” Nin o pensou. Cando ergueu a cabeza e se decatou que os seus pensamentos foran verbalizados, arrubiou. Nese momento, unha vaga de solidariedade cruzou aquela aula de música e xuntáronse máis voces afirmándose ghorrobellas e ghorrobellos. Foi un momento máxico no que nos recoñecemos parte da manda. No que nos unimos nun sorriso enorme e raposeiro porque esa palabra, ghorrobella, garda todo aquilo que nos identifica. A lingua de noso.

 

Noutro do cursos, preguntáronme por que falaba con tanta paixón (nunca se me ocorrera pensalo) e respostei que me gusta moito ler, escribir e compartir coa rapazada as historias. A aula rebentou nun aplauso que aínda son quen de escoitar. Emocionante!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nos cursos das máis pequenas e pequenos abraioume a cultura de amor aos libros. Este que é un debate que anda nas redes nin sequera se considera neste centro. Comentáballe á mestra de infantil que me encantara como as crianzas de tres anos manipulaban o libro de María Victoria Moreno sen preocuparse de se a tapa era de cartón, se as páxinas eran grosas ou non e ela explicábame que estaban moi afeitas a ler, a ter contacto diario cos libros. Só querían contar o conto. Gozar da lectura.

Volvo para a casa coa mochila chea de agradecemento ás profes do C.P.I. e das unitarias que tanto me mimaron, a Pilar Sánchez por contar comigo e ás ghorrobellas e ghorrobellos de Mesía que tantísimo me fixeron desfrutar estes días. Grazas de corazón!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s