Marta e a píntega no CEIP Graxal de Cambre

Grazas ao profesorado do centro que “enredou” a rapazada para facer esta fermosura! Fascíname ver unha e outra vez (así como en bucle) as partes que máis lles gustaron do libro, a imaxinación dos deseños e emocióname comprobar o traballiño que pasaron para debuxar a Marta e a píntega Oli con tanto detalle. Fun falar do libro e regresei cun tesouro nas mans! Espero que o desfrutedes tanto coma min!